Alfoz convoca unha xornada de limpeza e conservación para o sábado 23 de agosto

AMariñaXa
A actividade, organizada pola agrupación veciñal Alfoz Limpo co apoio do Concello, busca implicar á cidadanía na protección do medio natural
Alfoz-limpo-xullo-2025
20 Aug 2025

A explanada situada detrás da gasolineira de Vilaúde será o punto de encontro o vindeiro sábado 23 de agosto ás 09:00 horas para unha cita coa natureza e coa responsabilidade compartida. Trátase dunha xornada de limpeza e conservación aberta a toda a veciñanza, promovida pola agrupación Alfoz Limpo en colaboración co Concello.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar a participación cidadá na mellora dos espazos comúns e sensibilizar sobre a importancia de manter o concello sostible, limpo e respectuoso co medio ambiente. Desde a organización animan a acudir con disposición de colaborar e coidar do territorio, lembrando que a suma de pequenos xestos pode marcar unha gran diferenza.

⚙ Configurar cookies
0.047237873077393