Alfoz convoca unha nova edición do seu certame de debuxo e narración polas Letras Galegas

AMariñaXa
Alfoz convoca unha nova edición do seu Certame de Narración e Debuxo Infantil polas Letras galegas.
3 Maio 2024

Alfoz convoca unha nova edición do seu Certame de Narración e Debuxo Infantil polas Letras galegas. Co tema: "Ler para pensar, pensar para ser libres" a Biblioteca Municipal pon en marcha a proposta cuxos gañadores participarán na fase provincial do Certame organizado pola Bibiloteca Pública de Lugo un ano máis

A proposta organízase en tres categorías: A, para nenos de ata 8 anos, B de 9 a 11 anos e C de 12 a 16. Poden presentar naracións en galego cunha extensión máxima dun folio ou debuxos, en papel ou cartolina DIN A4.

0.18236899375916