Alfoz consegue unha subvención para mellorar a súa piscina municipal

AMariñaXa
Este proxecto contempla varias actuacións clave, entre as que se inclúen a colocación dunha nova cuberta dos vestiarios
piscina-municipal-alfoz
8 sep 2024

O Concello de Alfoz conseguiu unha nova subvención para a mellora da eficiencia enerxética da piscina municipal. O proxecto, cun orzamento total de 33.588 euros, será financiado integramente polo Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.

Este proxecto contempla varias actuacións clave, entre as que se inclúen a colocación dunha nova cuberta dos vestiarios, a mellora do sistema de recollida de augas pluviais,  a instalación dun novo falso teito, a substitución das luminarias actuais por modernas luminarias LED e a colocación de termos acumuladores novos.

Estas intervencións chegan nun momento clave, despois de que a piscina municipal sufrira danos considerables durante os temporais de febreiro. As obras permitirán restaurar e mellorar a infraestrutura do edificio e a súa eficiencia enerxética. “A solicitude e concesión desta subvención representa un importante apoio para a conservación das infraestruturas municipais, reflectindo o compromiso do Concello coas instalacións deportivas”, apuntan dende o Concello.

0.18736505508423