Alfoz colabora coa Asociación Española Contra o Cancro

TerraChaXa | AMariñaXa
11 Xan 2019

O Concello de Alfoz colabora coa Asociación  Española Contra o Cancro organizando unha cea solidaria para o día 9 de febreiro ás 21:30 horas.
Dita cea benéfica será na Finca Galea de Alfoz e estará amenizada por Eventec. O prezo para a cea será 35 euros para adultos e 15 euros para nenos.
Os tickets poderán ser mercados a calquera membro da organización, así como na Caixa Rural Galega de Alfoz e na Farmacia de Natalia Andón.
As empresas que desexen colaborar con agasallos para o sorteo poden poñerse en contacto con calquer membro da organización.

0.1697940826416