Alfoz celebra o Día das escritoras o venres

AMariñaXa
Alfoz conmemorará o Día das Escritoras, que é o 18 de outubro, o venres 15 ás 13:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura
CEIP Castro de Ouro de Alfoz
12 Out 2021

Alfoz conmemorará o Día das Escritoras, que é o 18 de outubro, o venres 15 ás 13:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, con todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz a través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

"Procúrase Pepa a Loba" da compañía A  Cova das Letras coa actriz Cristina Collazo. Con estética do oeste americano rural, ten participación do compositor Manuel  Payno e de  Luchi Iglesias en escenografía.

A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega ata un refuxio onde poder acubillarse: é a taberna da que tanto lle falara súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela. Somérxete de cheo nesta aventura carregada de música, títeres e intrigantes historias.

0.11728811264038