Alfoz celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe á tradición oral e á música popular

AMariñaXa
A Casa da Cultura acollerá un acto musical e divulgativo que reivindica o valor da tradición oral galega.
centro-sociocultural-biblioteca-alfoz
11 May 2025

O vindeiro 17 de maio ás 19:00 horas, o Concello de Alfoz conmemorará o Día das Letras Galegas 2025 cun evento dedicado á tradición oral e, en particular, ás cantareiras, figuras centrais na conservación da nosa memoria popular.

A cita terá lugar na Casa da Cultura, onde o público poderá gozar da actuación das cantareiras da Asociación Cultural Amado Lar de O Valadouro, que ofrecerán un repertorio baseado na música tradicional galega.

O acto incluirá tamén unha pequena presentación e coloquio para afondar na relevancia das cantareiras, non só como intérpretes senón tamén como transmisoras dunha herdanza cultural inmaterial que forma parte da nosa identidade colectiva.

Nesta edición das Letras Galegas, a organización quere poñer en valor o papel das mulleres que, durante xeracións, conservaron e transmitiron cantos, lendas e saberes populares a través da oralidade, contribuíndo á supervivencia da lingua e das tradicións galegas.

⚙ Configurar cookies
0.16472887992859