Alfoz presenta o programa da Festa dos Choferes
Alfoz celebra a Festa dos Choferes en agosto. As citas, organizadas pola Asociación Cultural O Castelo, terán lugar os 2, 3 e 4 de agosto. O programa arranca o venres 2 con festa verbena da man de discoteca móbil Eventec e orquestra New York a partir das 23.00 horas. A celebración continúa o sábado con misa solemne a partir as 13.00 horas seguida de sesión vermú con orquestra Stéreo.
A orqiestra amenizará tamén a verbena a partir das 23.00 horas acompañada pla orquestra Miramar. O domingo 4 haberá, dende ás 11.00 horas, procesión de vehículos polas parroquias do Concello, misa solemne e a continuación bendición de vehículos con premios para os mellores de cada categoría. Tamén haberá sesión vermú e verbena co Grupo Montreal.
De novo será a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo a que continuará poñendo no calendario esta xuntanza que na súa última edición contou con verbenas, procesións de vehículos polas festas e xogos populares.