Alfoz aposta pola formación en poda para potenciar a fruticultura local

AMariñaXa
O Concello organiza un curso práctico para mellorar a saúde e rendemento das árbores froiteiras
enxerto-poda-xardin
24 Mar 2025

O Concello de Alfoz impulsa esta primavera unha iniciativa formativa dirixida a todas aquelas persoas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre o coidado das árbores froiteiras. Como parte deste programa, o sábado 29 de marzo desenvolverase un curso especializado en técnicas de poda, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A administración local destaca a importancia de aplicar métodos axeitados de poda para favorecer a vitalidade das árbores e incrementar a súa produción de froitos. “Con este curso, os participantes aprenderán as técnicas correctas para podar árbores froiteiras, optimizando a súa saúde e rendemento”, sinalan desde o Concello.

As persoas interesadas en asistir poden obter máis información chamando ao 982 55 80 01.

⚙ Configurar cookies
0.13713097572327