Alfoz amplía o horario do programa Ludiverán

AMariñaXa
Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido
nenos-xogando
Imaxe de arquivo
19 Xuño 2024

Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, o Concello de Alfoz amplía o horario de atención a nenas e nenos no programa Ludiverán.

“A partir do 1 de xullo ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9.00 ou ás 10.00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13.30 ou ás 14.00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar. O resto de información pódese atopar nas bases de participación”, apunta dende a delegación de Educación, Igualdade e Participación.

Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais. O Concello de Alfoz está comprometido en proporcionar un entorno seguro, educativo e divertido para todos os nenos e nenas que participan no Ludiverán, e confiamos en que esta ampliación horaria será de gran axuda para as familias do concello.

0.11955690383911