Alfoz acollerá unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito
A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.
O horario será de 10.00 a 14.00 horas ambos días e o lugar de realización o salón de actos da casa da cultura e estará impartida por Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro técnico agrícola.
A primeira xornada, o sábado 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre a época de plantación, a preparación do terreo, a elección da planta, é dicir, se ten boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas, as liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos, a normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta...., os coidados, as pragas e enfermidades, os beneficios que pode xerar e o mercado do sector da castaña.
A segunda xornada, o 25 de marzo, será de práctica de poda de castiñeiros. Á mesma hora e con saída desde a casa da cultura cara Lagoa, onde se realizará a poda.
Para participar será necesario a inscrición previa. Dende o Concello lembran que é gratuito e está aberto ao público en xeral.