Valadouro e Alfoz poderían ter unha central hidroelétrica reversible

AMariñaXa
A casa da cultura de Alfoz acolle unha reunión informativa sobre a central hidroelétrica reversible Xistral.
1 central hidroelectrica Alfoz valadouro
29 Jan 2022

O Concello do Valadouro e en menor medida o de Alfoz poderían contar coa central hidroelétrica reversible Xistral así o comunicaron varios veciños nas redes sociais do municipio.

Esta central construiríase por unha empresa zaragozana en terreos do Concello do Valadouro e que afecta en menor medida a Alfoz e Ourol e a Xove e Cervo coa construción das liñas de evacuación da alta tensión.

Ademais esta central sería a maior de toda Galicia en xeración de enerxía xa que xerará 935 megavatios fronte aos 313 da de Ponte Bibei e 570 da que se está planificando nas Pontes.

Segundo o proxecto, que aínda non se coñece totalmente e sempre despois da súa aprobación, as obras prolongaríanse durante catro anos. O que se sabe de momento é que o ser reversible terá dous embalses de auga situados a diferentes alturas, o máis alto estará en Rego das Balsadas, en Vilacampa, afectando así a unha pequena parte de Ourol. E o máis baixo estaría situado xunto a Rego no Concello do Valadouro limitando co de Alfoz.

Así mesmo, será necesario construír unhas liñas de alta tensión para poder evacuar a enerxía producida e que probablemente iría ca Xove e Cervo.

Por outra banda, o mércores 16 de febreiro ás 19.30 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, convócase aos veciños de Alfoz a asistir a unha reunión informativa sobre a central hidroelétrica reversible.

Os veciños poderán asistir para informarse sobre o proxecto e amosar as súas opinións e inquedanzas sobre o tema e poder incorporalas ao informe que o Concello de Alfoz entregará ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que se teñan en conta na fase actual na que se está a realizar a Evaluación de Impacto Ambiental.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17830801010132