Alfoz acollerá o XXX Festival da Terceira Idade o 13 de outubro para persoas maiores e pensionistas
AMariñaXa
Inscricións abertas para o festival, que incluirá misa e comida de fraternidade para os maiores de Alfoz
21 sep 2024
O Concello de Alfoz anuncia a celebración do "XXX Festival da Terceira Idade", dirixido a todas aquelas persoas con máis de 65 anos ou que sexan pensionistas e que estean empadroadas no municipio. Os asistentes poderán ir acompañados dos seus cónxuxes.
Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor, seguida dunha comida de fraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz, onde se desenvolverán diversas actividades.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello entre o xoves, 19 de setembro, e o venres, 4 de outubro de 2024.