Alfoz acolle unha sesión especial de Cine na Rúa polo Día das Bibliotecas

AMariñaXa
A proxección terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 horas, e o público poderá gozar da película 'Antes de nós'
antes-de-nos-xoan-forneas-castelao
21 Oct 2025

A programación cultural do Concello de Alfoz continúa enchendo o outono de propostas para todos os públicos. Este sábado, 25 de outubro, celebrarase unha nova sesión de Cine na Rúa, unha iniciativa da área de Cultura que nesta ocasión se enmarca dentro das actividades polo Día das Bibliotecas.

A proxección terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas, e o público poderá gozar da película Antes de nós, cunha sesión de cinema de entrada libre. Ademais de ofrecer entretemento e reflexión, o evento incluirá mensaxes informativas e de sensibilización da Asociación Española contra o Cancro (AECC), promovendo así valores de concienciación e apoio social a través da cultura.

Desde o Concello de Alfoz animan á veciñanza a participar nesta cita, que combina lecer, cinema e compromiso social, e a aproveitar esta oportunidade para gozar do mellor cine sen saír do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.063802003860474