Alfoz acolle unha charla sobre as xestións nas administracións
O programa da Subdelegación de Goberno de Lugo para achegar a administración electrónica aos concellos de menos de 8000 habitantes, La Administración cerca de ti, chega a Alfoz.
Levarase a cabo o martes 10 de xaneiro, ás 12.45 horas no salón de actos da casa da cultura. Funcionarios e funcionarias da Subdelegación de Lugo desprazaranse a Alfoz para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital da FNMT, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de maneira dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abono de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só pódese xestionar telematicamente.
O catálogo de servizos electrónicos da Delegación do Goberno en Galicia ofrece 125 trámites de maneira telemática, entre os que se atopan xestións relacionadas cos servizos de Estranxeiría; pago de taxas; comunicación de mobilizacións; validación de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas ou suxerencias ante a Administración