Alfoz acolle unha charla informativa sobre control e xestión da dor
AMariñaXa
Ás 18.00 horas do 12 de xuño, no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, haberá unha charla formativa para aprender a coidar dos oídos.
4 Feb 2024
A aula Omix do centro sociocultural de Alfoz acolle o vindeiro 16 de febreiro unha charla informativa sobre control e xestión da dor.
Esta cita será ás 10.30 horas e durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.
As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.