Alfoz acolle un concerto do grupo Tundal

AMariñaXa
O vindeiro 12 de maio o Concello de Alfoz acollerá un concerto do grupo Tundal. Este grupo de música tradicional
grupo Tundal musica
grupo Tundal musica
9 Maio 2023

O vindeiro 12 de maio o Concello de Alfoz acollerá un concerto do grupo Tundal. "Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas".

A actuación musical para todos os públicos servirá para celebrar as Letras Galegas.

0.10657691955566