Alfoz acolle o espectáculo de Tarabela Creativa, Astrolabio
O 18 de setembro ás 20:30 horas o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá o espectáculo Astrolabios de Tarabela Creativa.
Astrolabio é unha palabra que vén do grego e que significa buscador de estrelas. É un aparello que se inventou no século II a. C. Porque a curiosidade polo firmamento comezou na Humanidade nin se sabe cando!
Nesta sesión de contos para público familiar a partir de 5 anos, poderase aprender o nome das estrelas, as súas agrupacións en constelacións, a mitoloxía tras delas, os ciclos da lúa, a súa influenza nas mareas e nos tempos da terra, habemos descubrir que hai estrelas nómades, que outras veces choven, que nos marcan o norte, que non vemos as mesmas ao cambiar de hemisferio na noite...Que Sirio brilla máis que o Sol, que todas as civilizacións orientáronse por elas e falarán de adiviñadoras do seu misterio, como Maria Reiche e o seu descubrimento no deserto...