Alfoz acolle en outubro as Xornadas de estudos históricos para conmemorar o 800 aniversario

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Durante o venres 2 e o sábado 3 de outubro terán lugar as Xornadas de estudos históricos para conmemorar o 800 aniversario da Vila do Castro de Ouro .
68893886_2907837005898052_7914302022629720064_o
25 sep 2020

Durante o venres 2 e o sábado 3 de outubro terán lugar as Xornadas de estudos históricos para conmemorar o 800 aniversario da Vila do Castro de Ouro .

Dada a situación sanitaria que estamos a vivir o aforo estará limitado a 50 persoas, inscripcións abertas a partir do xoves 24 cubrindo a folla de inscripción e remitindoa ó correo electrónico: concello.alfoz@eidolocal.es

A xornada dará comezo o día 2 ás 10 horas coa charla Mundo castrexo e galaico-romano en Alfoz a cargo de Abel Vigo García, concelleiro de Mondoñedo, máis tarde será Aurelia Balseiro a que fale sobre O ouro dos nosos devanceiros, e xa ás 13 horas Carlos Baliñas Pérez falará sobre Imperium: o legado esquecido do reino de galaico-leonés.

Xa pola tarde, ás 16 horas será a quenda de Dolores Barral e A arte medieval en Alfoz, e acto seguido haberá unha visita guiada ao patrimonio arqueolóxico, histórico e artístico da vila do Castro de Ouro.

O sábado 3 pola mañá , Carlos Andrés González falará de A constitución e configuración da vila do Castro de Ouro entre os séculos XII e XVI, logo ás 11.30 chegarña O mariscal Pardo de Cela: vellos documentos e novas noticias a cargo de Eduardo Pardo Guevara y Valdés, e a media mañá Pegerto Saavedra tratará sobre O concello de Alfoz de Castro de Ouro entre 1500 e 1850.

Xa pola tarde ás 18 horas descubrirase unha placa conmemorativa na escola de Bacoi, e ás 19 horas será a presentación do libro O bispado de Mondoñedo na Idade Media: territorio, comunidade e poder de Carlos Andrés González.

0.19177412986755