Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas de transporte escolar
O Concello de Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas de transporte para estudantes, para o alumnado do Concello que estuda BAC e FP nos IES da Mariña.
Estas achegas son de ata 400 euros por curso e alumno para sufragar os gastos de desprazamento ata os centros educativos, posto que o IES de Alfoa-Valadouro só conta con ensino secundario e isto supón que rematada a ESO os estudantes teñen que estudar fóra do municipio.
Desde a Delegación de Atención á veciñanza ofrécese o servizo de axuda para a súa tramitación, como se fixo xa un curso máis coas becas do MEC, solicitudes de tarxetas de bus, etc. coa finalidade de facilitar o acceso das familias aos servizos e axudas das administracións locais e supramunicipais das que poidan beneficiarse.