Alfoz abre o prazo de inscrición dos Madrugadores, OES e Inglés
AMariñaXa
O Concello de Alfoz comunicou que a Aberta a inscrición dos Madrugadores, OES e Inglés do Concello de Alfoz . Estará ata o 2 de setembro
1 sep 2023
O Concello de Alfoz comunicou que a partir de hoxe e ata o 7 de setembro estarán dispoñibles as inscricións na Casa do Concello para os programas de apertura do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro como Madrugadores, OES (ocio e estudo) e inglés que fomentan a conciliación.
O curso comeza o 11 de setembro, aínda que se poderán incorporar novos usuarios ao longo do curso mentres haxa prazas dispoñibles.
O programa de Madrugadores será de 7.30 a 9.30 horas e durante todo o curso escolar, o de Inglés serán os martes e xoves de 16.00 a 17.00 e de 17.00 a 18.00 horas e dirixido a menores de 16 anos.
Para anotarse pódese descargar a ficha de inscrición aquí.