Alfonso Villares visitou o porto de Celeiro e abordou cos representantes do sector temas de infraestruturas e necesidades

AMariñaXa
A Confraría de Celeiro pon en marcha diversas instalacións como a nave de lavado de caixas e de redes. Unhas melloras necesarias
20230818 conselleiro mar visita porto celeiro
19 Aug 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou o porto de Celeiro e mantivo un encontro cos representantes do sector pesqueiro da zona para analizar a situación da frota e as necesidades que afronta nestes momentos. Precisamente, o titular de Mar animou aos armadores de buques pesqueiros a solicitar as axudas convocadas esta mesma semana pola Xunta para compensar o encarecemento do gasóleo durante 2022 pola guerra en Ucraína e paliar o seu impacto nas contas das empresas.

O representante do Executivo galego lembrou que a comunidade pon a disposición do sector máis de 3,6 millóns de euros en achegas para mitigar as consecuencias nos resultados da frota da suba de prezos rexistrada polos combustibles no segundo semestre de 2022. Estes apoios, incidiu, pretenden dar resposta ás necesidades da frota e complementar as medidas adoptadas polo Goberno central, que se teñen demostrado “claramente insuficientes”.

Alfonso Villares, que estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, incidiu en que son potenciais beneficiarios destas achegas todos os segmentos de frota e que xa se habilitaron apoios semellantes para a acuicultura e se van habilitar para a industria de transformación de produtos do mar. Deste xeito póñense a disposición do complexo mar-industria arredor de 15 millóns de euros en axudas para paliar o impacto das dificultades económicas derivadas da guerra en Ucraína.

O conselleiro de Mar tivo unha primeira reunión na sede social da Confraría onde se abordaron temas institucionais relativos ao sector pesqueiro, analizáronse basicamente temas de infraestruturas e necesidades máis urxentes para o sector, tras a toma inicial de contacto na Confraría, o Conselleiro acompañado do resto de personalidades percorreu a pé toda a fachada maritima do porto ata o peirao norte onde se interesou por ultímalas actuacións que en materia de infraestruturas o seu departamento realizou en Celeiro; así visitou a moderna nave de redes que supuxo un investimento próximo aos setecentos mil euros e que executou Portos de Galicia, dita instalación entre en funcionamento recentemente; tamén visitou o edificio de servizos náutico pesqueiros onde se está executando un proxecto de eficiencia enerxética cun custo superior ao medio millón de euros financiado con fondos FEMP e da propia Xunta de Galicia.

A actuación integral que se está levando a cabo no citado inmoble servirá para mellorar enerxéticamente a instalación, trátase dun proxecto que se ten previsto finalizar no mes de outubro. A través deste proxecto mellorarase globlamente o edfició cunha actuación integra que servirá para substituír toda a envolvente, cambiando o teitume anterior que era de uralta, por unha máis moderna de paneis tipo sándwich con illamento e acabado HPS de protección do ambiente mariño.

Así mesmo actuarase na parte eléctrica, colocando luminarias tipo LED, detectores de presenza, iluminación de emerxencia, salubridade (hixiene, saúde, protección ambiental, etc), recollida de augas pluviais, protección da humidade, substitución de elementos danados, pintura e selaxes de carpinteria así como renovación de paneis de policarbonato… todas elas actuacións destinadas a mellorar a seguridade e salubridade no traballo. O Conselleiro e os seus acompañantes visitaron “in situ” as instalacións por onde realizaron un completo percorrido.

Tras finalizar o seu percorrido polo peirao norte trasladáronse ata o peirao sur ás instalacións industriais onde se sitúa a lonxa, alí visitou a recentemente construída nova nave de almacén e lavado de caixas, un proxecto enerxético enfocado á protección do ambiente e a seguridade así como as condicións de traballo, calidade, control e rastreabilidad dos produtos da pesca. A obra foi financiada pola Consellería do Mar e o FEMP, e tivo un custo superior aos cincocentos mil euros. Nos dous últimos anos o departamento autonómico que dirixe o conselleiro, Alfonso Villares, investiu en Celeiro máis de dous millóns de euros.

Tamén aproveito a súa visita para realizar un completo circuíto pola lonxa e instalacións industriais, onde visitou varios almacéns de elaboración da pesca, interesándose especialmente polos traballos e labores que alí se desenvolveron. Máis tarde reuníronse novamente na sala de consellos de Porto de Celeiro SA, onde se profundizou na problemática sectorial pesqueira, e alí saíron a relucir temas de gran interese e importancia como a substitución xeracional, a formación, axudas e subvencións, a situación das diversas frotas, as vedas e zonas AMP de protección, vendas, comercialización.

O Conselleiro e o seu Director Xeral de Pesca, asi como a Xefa Territoral, puideron constatar de primeira man as preocupación do sector pesqueiro de Celeiro, porque os dirixentes das institucións pesqueiras de Celeiro trasladaron todas as súas inquietudes e preocupacións ao máximo dirixente autonómico que tomou nota de todo o que lle trasladaron os representantes da Confraría de Pescadores e de Porto de Celeiro SA

Foi unha reunión de traballo, que non foi unha simple e mera toma de contacto senón que dada a cantidade de temas que se trataron que todos os participantes cualificárona como “moi produtiva”, foi un intercambio de opinións e pareceres en temas que son de interese xeral para a frota pesqueira, non só de Celeiro e A Mariña luguesa, senón do computo de Galicia e de España.

Melloras portuarias

O conselleiro tamén trasladou a vontade da Xunta de seguir traballando da man do sector para realizar melloras tanto nas instalacións portuarias como nos equipamentos dos distintos peiraos para facilitar o labor dos profesionais do mar. Neste sentido, lembrou que a Consellería do Mar realizou importantes investimentos nos últimos anos no porto de Celeiro como melloras na nave de redes de arrastre da localidade ou a adquisición dunha máquina industrial para o lavado de caixas por parte da confraría ao abeiro das axudas financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

O titular de Mar incidiu en que este tipo de actuacións son fundamentais para impulsar os resultados dun sector que, no caso do porto de Celeiro, ten na captura da pescada unha das súas principais fontes de ingresos. De feito, destacou os bos resultados da lonxa local en 2022, exercicio no que facturou preto de 50 millóns de euros, o que supón a maior cifra desde o ano 2018 e unha suba de máis do 13% en relación con 2021.

conselleiro mar visita obras celeiro
conselleiro mar visita obras celeiro 1
0.13918995857239