Alfonso Villares presidiu a última reunión da lexislatura da Comisión de Integración e Cohesión da FEMP

AMariñaXa
O rexedor Alfonso Villares, presidiu a última reunión da lexislatura da Comisión de Integración e Cohesión da FEMP
ÚLTIMA REUNIÓN DA COMISIÓN DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL DA FEMP
2 Mar 2023

O rexedor Alfonso Villares, presidiu en Madrid a última reunión da lexislatura da Comisión de Integración e Cohesión da FEMP, que conforman 25 alcaldes e alcaldesas de toda a España e de todos os signos políticos.

Villares quixo agradecer o traballo realizado por todos os membros durante todos estes anos “nesta área de traballo que tiven a honra de presidir nunha etapa evidentemente marcada pola pandemia que nos forzou a realizar a maioría das xuntanzas a través de videoconferencia”.

Con todo, neste tempo abordamos cuestións de gran relevancia neste eido, das que informamos na reunión mantida esta mañá e que formaron parte da orde do día, en relación ao foro para a Integración social dos inmigrantes e do Consello para a Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica.

Tal e como apuntou o rexedor cervense, un tema moi importante que abordamos neste encontro  “foi a aprobación das propostas de resolución para o XIII pleno da FEMP que se convocará despois das próximas eleccións municipais”. Son dez puntos encamiñados

-explicou- a pedir que a FEMP cobre máis protagonismo e participe dun xeito máis activo na coordinación da participación das entidades locais nos organismos, foros ou outros espazos de interlocución relacionados coa integración e cohesión social, que promova a implementación de políticas municipais de acollida e integración que garantan plenamente os dereitos das persoas migrantes e que favoreza a súa integración na comunidade, ao mesmo tempo que tamén sexa a FEMP  quen traballe na accesibilidade inclusividade e calidade dos servizos de integración dixital para que as persoas migrantes teñan os coñecementos técnicos necesarios para beneficiarse dos posibles servizos “on line”, tamén que esta entidade teña moito máis contacto coas entidades estatais e que traballe de xeito máis coordinado coa secretaria de estado de migracións e coa dirección xeral para a igualdade de trato e diversidade étnica e racial. Todas estas propostas foron aprobadas por unanimidade, “deixando os deberes feitos aos membros que conformen a comisión tras as eleccións de maio”.

O rexedor cervense reiterou o seu agradecemento a todo o equipo que conformou esta área de traballo nestes anos “orientada a xerar espazos de reflexión e encontros que impulsen e favorezan o intercambio de experiencias que faciliten a inclusión social, preveñan situacións de risco e promovan a convivencia cidadá na contorna local”.

0.19249796867371