Alfonso Villares presentou oficialmente ao equipo co que o PP de Cervo concorre ás eleccións

AMariñaXa
lfonso Villares presentou oficialmente ao “equipo” co que o PP de Cervo concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio
Cervo PP CANDIDATURA PP 2023
7 Maio 2023

Alfonso Villares presentou oficialmente ao “equipo” co que o PP de Cervo concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio nun acto que contou coa participación de veciños, do responsable de Facenda e Administración Pública do Goberno galego, Miguel Corgos; e do deputado mariñán no Congreso, Jaime De Olano. Tamén trasladou o respaldo da dirección provincial do Partido Popular o seu coordinador xeral, José Manuel Balseiro, que forma parte da candidatura popular no municipio.

O rexedor e candidato á reelección definiu ás 20 persoas que conforman a lista como “un equipo de veciños e veciñas que traballamos na mesma liña: por e para Cervo”. É unha candidatura “reforzada” ao contar con membros do actual goberno local á que se suman “máis persoas que dan o salto á política”.

Villares incidiu en que “a candidatura popular está reforzada en ilusión, ganas, experiencia e xuventude” que considerou “os mellores avais para presentarse ante os veciños e traballar por e para Cervo, dende os diferentes ámbitos, tal e como fixemos nos últimos anos”. De feito, o popular ostenta a alcaldía dende o ano 2007 e opta a un quinto mandato ao fronte do consistorio de Cervo.

O popular tamén explicou que “despois dunha boa xestión financeira ao longo destes anos, o Concello está agora libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos”. Polo tanto, “agora hai moitas máis posibilidades de reforzar as políticas públicas”.

CANDIDATURA COMPLETA

  1. Alfonso Villares Bermúdez
  2. María Dolores García Caramés
  3. Manuela Méndez Álvarez
  4. Adrián Arias Díaz
  5. Alfredo Antonio Fernández Casas
  6. María Concepción Pilar Armada Carrete
  7. David Rodríguez Pernas
  8. José Manuel Balseiro Orol
  9. Inoa Pardo Mariño
  10. María Isabel Rivas Pernas
  11. David Manuel Mon Pampín

Suplentes:

María Carmen Fernández Polo

Alfredo Ben Quelle

Diego Campo López

Yolanda Pedreira Cruz

José Antonio Gallego Rodríguez

Inés Cobas Balseiro

Denise Galán López

Plácido Pérez Otero

Antonio Basanta Fernández

0.19287586212158