Alfonso Armada presenta 'Cuaderno de viaje al País Natal' en Mondoñedo

AMariñaXa
O autor Alfonso Armada presenta Cuaderno de viaje al País Natal o vindeiro día 10 de maio, ás 19.
Alfonso Armada
3 Maio 2024

O autor Alfonso Armada presenta Cuaderno de viaje al País Natal o vindeiro día 10 de maio, ás 19.30 horas, no xardín da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. A obra é froito dunha proposta do seu primeiro xornal, que levou de volta, ao autor, ao seu país natal e á súa infancia, pasando por Mondoñedo, polo Mondoñedo de Cunqueiro.

Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal. A presentación contará con presenza institucional, por parte do Concello de Mondoñedo.

0.1921010017395