Alcoa terá paz social pero a tensión continúa

AMariñaXa
A negociación da venda do sector do AluminiO continúa dando tumbos e sen atopar un final tras un ano de espera, presións, folgas e conversas.
alcoa ricobo4
25 Xul 2021

A negociación da venda do sector do Aluminio de Alcoa continúa dando tumbos e sen atopar un final tras máis dun ano de espera, presións, folgas e conversas.

Os mariñaos non perden a esperanza e continúan confiando en chegar a un final feliz pronto. Esa foi a razón de que na última asemblea de traballadores celebrada na multinacional acordaran pospoñer ata o día 2 de agosto o reinicio da folga, xa que se antes había atranco na negociación entre dúas partes, agora xa son tres. Alcoa defende o seu produto, o comprador ofrece as súas condicións e o Goberno mantén a súa postura de que non hai necesidade de que  a SEPI sexa intermediario na venda.

Deste xeito e cando os traballadores parecían convencidos de retomar medidas drásticas para forzar un acordo, volveron as promesas. Así, tanto Álvaro Dorado, como presidente de Alcoa, como a ministra Reyes Maroto pediron un aprazamento para poder pechar a negociación para o que sería necesario manter a paz social.

Catro empresas están á espera dunha resposta de Alcoa, xa que presentaron as súas ofertas. O Goberno comprométese a estudar e ver a solvencia de cada unha e de apoiar ao comprador. Ademais Alcoa anunciou que ten lista unha contraoferta e tamén mantén o compromiso de informar nun prazo curto de tempo do avance das negociacións.

Os traballadores pola súa conta non descartan continuar coas mobilizacións pero manterán a postura de dar vía libre ás negociacións sen presión pola súa banda, pero tampouco se desentenderán.

PARTIDO POPULAR

Pola súa banda, o PP pediulle aos alcaldes do PSOE na Mariña que “movan ficha” e esixan ao Goberno de Sánchez “cumprir os acordos sobre a intervención de Alcoa”. Reivindican que “se cumpra os acordos aprobados no Parlamento, no Congreso e nos concellos e que a SEPI lidere a operación de compra da planta como solución ao problema e de cara a garantir o emprego e a continuidade da planta”.

Os populares consideran que a reunión da Ministra en Pittsburgh non foi clarificadora e cualificaron como “surrealista” que “a empresa corrixira de forma case inmediata o comunicado do Goberno”.

“El tiempo se agota y nos jugamos miles de puestos de trabajo”, dixo o deputado nacional viveirense Jaime De Olano que esixiu “solucións e certezas”.

O popular sinalou que “nadie puede entender que, por un lado, se critique la actitud de Pedro Sánchez con A Mariña y con Lugo y, por otro, mantenga los gobiernos de Sánchez, de la Diputación y de distintos concellos en la provincia”.

0.18760681152344