Alcoa San Cibrao xa conta cun novo transformador principal de Aluminio
Alcoa informou da chegada do novo transformador principal TRG á planta de aluminio de San Cibrao gracias a un investimento de 8,4 millóns de euros.
A nova maquinaria, que ten unha capacidade superior á dos anteriores, estará operativa "en xaneiro do 2024, cando está previsto o reinicio da produción de aluminio primario".
"Contará con axustador de tensión para poder alimentar a un número variable de cubas e permitirá aumentos importantes da intensidade eléctrica no caso de que se requira no futuro", sinala a compañía.
Alcoa indica que "os transformadores principais de San Cibrao, chamados TRG, son equipos de enxeñería de gran envergadura, de deseño e capacidades únicas, e o sostén das cubas de electrolisis, onde se obtén o aluminio primario. Reciben enerxía desde a rede de alta tensión a 410 kV e transfórmana ata 70 kV como previo paso á alimentación das series", concreta a empresa.
Estes equipamentos de soporte de enerxía na planta de aluminio reforzaranse ademais coa instalación do proxecto de Gas Insulated Switchgear (GIS), que conecta as liñas de alta tensión ade a fábrica á subestación eléctrica". O GIS atópase en fase de fabricación na actualidade e supoñerá «un investimento adicional de 9,7 millóns de euros.
A obtención de aluminio primario mediante electrolisis é un proceso hiperelectrointensivo o que significa que require un alto consumo de enerxía eléctrica.