Alcoa prepara o seu propio "plan de desescalada"

LugoXa | AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informou de que a empresa está a traballar na elaboración do seu propio plan de desescalada no que se refire á organización do traballo.
11 Maio 2020

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informou de que a empresa está a traballar na elaboración do seu propio plan de desescalada no que se refire á organización do traballo.

O comité comunicou de que están a funcionar cámaras termográficas e tamén pediron  a implantación de termómetros a distancia para o uso do persoal.

Tamén o Servizo Médico está valorando a elaboración dun protocolo cos criterios para a realización dos test do coronavirus.

Ademais, o comité pediu aos traballadores que "merquen nos comercios da Mariña para axudar a zona" e axudar a este sectores xa que "eles fixeron un gran esforzo e apoio as medidas reivindicativas dos traballadores da factoría".

Na planta de San Cibrao, cuxa persoal está formada por máis de mil persoas, só deu positivo por covid19 un traballador, que xa recibiu o alta.

0.12355494499207