Alcoa pediu o atraso do rearranque das 32 cubas da súa fábrica en San Cibrao

AMariñaXa
A multinacional estadounidense Alcoa quere dilatar o rearranque do Aluminio ata 2025 para reducir o seu custe
22 Xan 2024

Alcoa solicitou de novo ao comité de empresa o atraso do rearranque das 32 cubas da súa fábrica de aluminio de San Cibrao. Este rearranque estaba previsto para o vindeiro 1 de abril.

Así,nunha carta recibida polos traballadores e o comité de empresa, a factoría estadounidense explica que espera “perdas substanciais este ano na planta, polo que o financiamento actual do que dispón esgotarase nos meses vindeiros”.

“Estamos analizando todas as formas para aliviar esta situación co obxectivo de traballar a longo prazo”, din desde Alcoa, a cal comprometeuse a buscar “calquera acción para facer viable o negocio". Polo que piden “flexibilidade a todas as partes".

Por este motivo pediron ao comité de empresa dar unha resposta a este asunto antes do vindeiro mércores, e convidando aos representantes dos traballadores a unha reunión ese mesmo día, a partir das 10.00 horas, para falar do tema.

O comité de empresa aceptou acudir á reunión, "cumprimos co acordo e reclamamos que eles fagan a súa parte canto antes, comezando polo forno de cocción de ánodos", dixo o presidente do comité, José Antonio Zan.

Así mesmo, os sindicatos solicitaron reunións coas administracións para coñecer o resultado das reunións con Alcoa.

0.17154502868652