Alcoa infórmalle aos sindicatos que continúa co proceso de ampliación da balsa de lodos
O comité de empresa de Alcoa recibiu unha chamada da dirección da planta de de Alúmina a varios sindicatos para comunicarlle que a empresa solicitou continuar co proceso de ampliación da balsa de lodos vermellos ata a cota 104. Ademais, tamén se solicitou volver a caracterizar o depósito coma non perigoso se, unha vez rematados as análises pedidas pola Xunta, estes así o caracterizan.
O comité de empresa tamén indica no comunicado que a reunión técnica que pediu Alcoa para explicar ao comité que decisión tomaba con respecto ao futuro da bolsa de lodos non se fixo. Por iso, aseguran que o trato da dirección ante o comité de traballadores “volve a ser lamentable”.
Por este motivo, xa solicitaran a reunión técnica acordada e que se aclararan os puntos esenciais como a aprobación da inversión e os prazos de execución por parte de Alcoa, ademais dos prazos de aprobación de trámites administrativos por parte do Goberno autonómico así como a súa postura respecto a este anuncio da compañía.