Alcoa España interpuxo un recurso contra a decisión do TSXG

TerraChaXa | AMariñaXa
O presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, comunicou que a compañía interpuxo un recurso contra a decisión do TSXG.
cartel madrugadores e tardes (1)_page 0001
11 Nov 2020

O presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, comunicou aos seus empregados que a compañía interpuxo hoxe un recurso contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de aceptar parte das medidas cautelares solicitadas en relación ao proceso de despedimento colectivo.

"Conforme vimos dicindo, a planta de aluminio de San Cibrao atópase nunha situación insostible debido ás perdas continuas e significativas nas que se está incurrindo. Por isto, é necesario tomar medidas e, en especial, é urxente deter a actividade de electrólise de forma ordenada, xa que é ahí onde se xenera a maior parte destas perdas. A parada ordenada das cubas non é un proceso irreversible, conforme indica a propia resolución xudicial", di o presidente.

"O dano económico agrávase ademáis cada día como consecuencia da folga iniciada a principios de outubro, que tamén está afectando gravemente á planta de alúmina aínda que non sexa obxeto deste proceso. A folga está tendo un impacto moi negativo nos nosos clientes e está deteriorando as perspectivas para ambas parte", engadiu Dorado.

A compañía é consciente do impacto da decisión nos seus empregados e os manterán informados sobra a evolución do proceso.

0.17454290390015