Alcoa confirmou que que vai parar temporalmente a produción de fundición de aluminio en San Cibrao

AMariñaXa
Alcoa nomea xefe de operacións da planta de Aluminio de San Cibrao a Rubén García. É enxeñeiro industrial e incorpórase o 8 de maio
alcoa balsa lodos vermellos
3 Out 2023

Alcoa confirmou que que vai parar temporalmente a produción en fundición de aluminio en San Cibrao, polo que o único departamento que permanecía activo desde a parada das cubas de electrolisis, parará.

A multinacional estadounidense incide en que a fundición "para os seus fornos debido á difícil situación do mercado, que inclúe os altos custos de enerxía e a falta de pedidos". Este departamento "poderíase reanudar se as súas operacións e as condicións do mercado melloran", engade a empresa.

A compañía asegura que o axuste da produción "non terá ningún impacto no emprego da planta, nin tampouco no seu mantemento, nin nos investimentos previstos".

O comité mostrou a semana pasada, tras unha reunión coa empresa e coas administracións, a súa preocupación pola situación da fundición, departamento que facturaba antes do ha hibernación das cubar unha media de 235.000 toneladas ao ano, e que este prevese só 50.000.

0.069326877593994