Alcoa comunica ao comité o inicio da venda da factoría á Sepi
Alcoa comunicou ao comité de empresa da planta de San Cibrao, en Cervo, o inicio das negociacións coa sociedade estatal de participacións industriais (Sepi) para a venda da fábrica da Mariña.
A multinacional informou á representación do persoal que convocará unha reunión multilateral para explicar a evolución do proceso, de acordo co acordo alcanzado por ambas as partes o pasado 22 de xaneiro. O que aínda non se coñece é a data da reunión.
Negociar a venda á Sepi foi o compromiso ao que chegou Alcoa cos traballadores para paralizar a folga que mantiñan estes desde que se romperon as negociacións de venda a Liberty. De feito, os traballadores levantaron o paro tras Alcoa manifestar o seu interese en vender á Sepi e tamén en non seguir adiante co ERE que decretara pero que fora declarado nulo polo xulgado.