Alcoa anuncia a súa intención de continuar coa produción de aluminio en San Cibrao

AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa informa que a dirección da factoría ten intención de continuar coa produción de aluminio da planta
vista aerea alcoa san cibrao
29 Nov 2021

O comité de empresa de Alcoa vén de informar que a dirección da factoría cervense ten intención de continuar coa produción de aluminio da planta de San Cibrao nun marco de paz social.

Neste senso, Alcoa comprométese a traballar para acadar acordos con subministradores de electricidade a medio e longo prazo, que entrarían en vigor a partir do 2024. Ata ese momento executaría un plan de perdas para os anos 2022 e 2023 que contemplaría o cesamento temporal da actividade en Electrólise e Eléctrodos.

Así mesmo, comprométese ao rearranque do 100% da actividade, que actualmente está ao 85%, a partir do 1 de xaneiro de 2024 con independencia do prezo da enerxía. Tamén comprométese a un permiso retribuído do 100% aos traballadores afectados durante o cesamento con plans de formación, rotación, etc. Ademais comprométese a que na planta de aluminio non se acometerán expedientes de despedimento colectivo durante catro anos.

O comité ante esta proposta reunirase en pleno extraordinario mañá martes ás 9.30 horas e tamén solicitará unha reunión coas administracións públicas.

0.18908286094666