Álari actúa este sábado en Riotorto como previa ás festas de San Pedro

O Concello de Riotorto organiza as súas habituais festas na honra a San Pedro este domingo, 29 de xuño, acompañada dunha comida veciñal.
Previamente terá lugar o concerto de Álari, que será este sábado, ás 22.30 horas na praza das Rodrigas.
A festa será o domingo co xantar veciñal como eixe principal, pero o programa dará comezo á 13.15 cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Epo-K. A comida veciñal estará servida por Pulpería Suso e constará de xamón cocido, polbo e churrasco, sobremesa e café.
Despois de comer, a diversión continuará coa actuación do mesmo grupo, coa que se dará por finalizada a sesión.