Airiños do Xunco impulsa o espírito do Nadal cun mercado en Cervo

A Asociación Cultural Airiños do Xunco está a ultimar os preparativos do seu tradicional Mercado de Nadal, que se celebrará o vindeiro 13 de decembro no municipio de Cervo. A cita converterase nun punto de encontro para veciños, visitantes e artesáns da contorna, que poderán compartir unha xornada de ambiente festivo, música e espírito comunitario.
Desde a organización sinalan que o obxectivo desta iniciativa é dinamizar a vida social e comercial do concello durante as festas, ofrecendo un espazo para dar a coñecer produtos locais, artesanía e propostas creativas.
As persoas interesadas en participar con posto propio poden poñerse en contacto coa asociación a través das súas redes sociais ou chamando directamente a Rafa, no teléfono 617 31 32 07.