Aínda quedan prazas no programa Move a Mente de AFAN Burela

AMariñaXa
AFAN Burela poñerá en marcha en marzo o programa Move a Mente, un programa pioneiro de prevención do deterioro cognitivo
cerebro ler pensar
4 Oct 2023

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias, AFAN, de Burela puxo en marcha o programa Move a Mente, un programa pioneiro de prevención do deterioro cognitivo e detección precoz das demencias dirixido a persoas maiores de 55 anos.

Aínda quedan prazas dispoñibles e dende a organización lembran que é totalmente gratuito para os asistentes grazas á subvención concedida para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tribuitaria do 0.7% do IRPF (Consellería de Política Social e Xuventude – Federación Alzheimer Galicia).

Con este programa ademáis de estimular e manter as capacidades cognitivas dos asistentes realizarase un cribado a través de valoracións cognitivas co fin de detectar de xeito precoz calquera indicio dunha posible demencia e poder así derivar e atender a tempo estas doenzas.

O programa terá lugar na sede social, cedida polo Concello de Burela, e ubicada na Casa do Mar de Burela. As persoas interesadas poden inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 580 610 en horario de mañá.

move a mente burela 2023
0.16045999526978