Aínda quedan prazas no campamento urbano de Viveiro

AMariñaXa
Publicado o listado de admitidos no Campamento Urbano de Verán 2021, que comezará o vindeiro 5 de xullo de 2021.
29 Jun 2021

O Concello de Viveiro informa que no día de onte se publicou, no taboleiro de anuncios dixital, o listado de admitidos no Campamento Urbano de Verán 2021, que comezará o vindeiro 5 de xullo de 2021.

Asemade, o goberno local informa que hai prazas vacantes nas dúas quendas ofertadas, polo que se vai proceder a abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes, tendo en conta as seguintes modificacións nas bases.

Poderán participar os nenos e nenas empadronados/as en Viveiro sen requisito dun ano de antigüidade. Ademais, non será esixible ningún requisito de renda. Este novo prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro xoves 1 de xullo de 2021. Ao longo desta semana, o Concello de Viveiro facilitará información máis detallada para ás familias. 

Dende o goberno municipal lémbrase que o Campamento Urbano de Verán 2021 se desenvolverá do 5 de xullo ao 27 de agosto de 2021 no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a vernes, en horario de 8.30 a 14.00 horas. Establecéronse dúas quendas, unha primeira, do 5 ao 30 de xullo, e unha segunda, do 2 ao 27 de agosto.

Coa prestación deste servizo, o Concello de Viveiro pretende favorecer a conciliación familiar, ofrecendo un recurso axeitado ás familias que por motivos laborais se atopan con dificultades para compaxinar a vida profesional e a crianza dos nenos e nenas. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1794171333313