Aínda quedan prazas libres no curso de socorrismo acuático en espazos naturais de Xove

AMariñaXa
O curso de socorrismo acuático en espazos naturais que comezou onte en Xove aínda dispón de 4 prazas libres.
9 Jan 2023

O curso de socorrismo acuático en espazos naturais que comezou onte en Xove aínda dispón de 4 prazas libres.

Trátase dun curso con certificado de profesionalidade co cal se podría acceder a traballos de socorrista, por poñer un exemplo, nas prais durante o verán, dahí que sexa moi interesante.

Para aquelas persoas que non se enteraran e inda queiran inscribirse, o podrían facer chamando ao Concello (982 592 001) e preguntando por Rosa Lage. Iso sí, tería que ser inmediato, dado que como informan o curso xa comezou e ·non tería moito sentido que alguén se apuntase dentro dun mes·, engaden.

Para inscribirse hai que ter a ESO ou un nivel superior e a inscrición é gratuita. O curso durará ata o 16 de maio deste ano 2023, e vaise desenvolver na aula de formación do Concello diariamente de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.066268920898438