Aínda quedan prazas libres nas clases de ioga de Ourol

AMariñaXa
O Concello de Ourol vén de informar que aínda quedan prazas libres para anotarse na actividade de ioga que se está a levar a cabo os mércores.
ioga pilates
3 Dec 2023

O Concello de Ourol vén de informar que aínda quedan prazas libres para anotarse na actividade de ioga que se está a levar a cabo os mércores.

Esta clase desenvólvese en horario de 10.30 a 11.30 no edificio multiusos e é unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol 982 559 109 ou 677 489 457.

clases ioga ourol prazas libres
⚙ Configurar cookies
0.53866100311279