Aglomerada a estrada de acceso a Raúlfe, na parroquia focega de San Acisclo

Foz
AMariñaXa
Rematadas as obras na estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo na que se ampliou a plataforma, beirarrúas e novo alumeado.
2023 O ALCALDE DE FOZ E O CONCELLEIRO ÁNGEL FERNÁNDEZ NO ACCESO A RAÚLFE (SAN ACISCLO)
27 Nov 2023

O Concello de Foz levou a cabo en San Acisclo á mellora do firme da vía de acceso ao barrio de Raúlfe desde a estrada LU-152 (Foz - Ferreira). A actuación completa, orzamentada en 37.924 euros, está financiada por catro administracións: Concello de Foz (21%, correspondente ao IVE), Unión Europea (49,6%), Xunta (23,1%) e Ministerio de Agricultura (10%).

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “os traballos realizados consistiron na limpeza de marxes e cunetas do camiño, a construción de dúas novas taxeas para a drenaxe das augas de chuvia e a mellora do firme da vía cunha nova capa de aglomerado en quente. A actuación completouse nos 620 metros de lonxitude do camiño, estando pendente de realizar o formigonado dun treito de 25 metros de cuneta e o pintado das marxes do mesmo e colocación de novas sinais de stop”.

Fran Cajoto engade que “esta é unha obra que realizamos dentro do Plan de Mellora de Camiños do Concello de Foz, que imos completando segundo os orzamentos dispoñibles. Dentro desta licitación, contratada por procedemento aberto a Carferlo SL, está incluída tamén a mellora de firme de dous camiños na parroquia de Nois: a vía de acceso ao apeadoiro de FEVE desde a estrada nacional e o camiño de acceso ao centro social A Saira”.

0.19012713432312