Afectados polo estado da ponte de Silvoso de Viveiro reclaman a súa reconstrución

AMariñaXa
Os veciños de Viveiro afectados polo estado da ponte de Silvoso acaban de entregar no Concello duascentas firmas
25 Jun 2021

Veciños da ponte de Silvoso fixeron e entregaron unha recollida de firmas para a reconstrución de dita ponte pois tras unha crecida no río derrubouna e os veciños non poden facer uso da mesma.

"Hai oito anos, unha crecida derrubou a ponte de Silvoso, en Viveiro, na pista que une o monte de San Roque con Santo Alvites. Os veciños máis directamente afectados, fartos de que o Concello non fixera caso das súas peticións para a reconstrución da ponte, recolleron firmas, e acábanas de entregar no Concello!, así o comunicou o portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez.

Rodríguez considera inexplicable que o goberno local fora incapaz en oito anos de facer as xestións necesarias para a reconstrución da ponte. Neste sentido explica que, "debido a que pola falta da ponte, só pasan por esta pista algúns sendeiristas, está case pechada". O portavoz popular sinala “é grave que sexa así por moitos motivos, pero hai tres que resultan especialmente importantes. Por un lado, porque é o acceso utilizado para chegar ás súas propiedades polos titulares do monte nesta zona. Por outra parte, e non é cousa menor, porque de producirse un incendio forestal, sería moi difícil que puideran acceder as carrocetas”, engade “e tamén é importante reconstruír a ponte porque esta é unha ruta moi utilizada polos sendeiristas. Algúns seguen pasando e para iso colocaron uns paus sobre o regato”.

0.18140602111816