Adxudican as obras da tirolina da Pontenova

AMariñaXa
A Pontenova adxudicou as obras de construción dunha tirolina de 330 metros de lonxitude que unirá a mina Consuelo e o forno Boulloso.
forno de boulloso_a_pontenova
29 Apr 2021

O Concello da Pontenova adxudicou as obras de construción dunha tirolina de 330 metros de lonxitude que unirá a mina Consuelo e o forno Boulloso.

A Deputación aprobou o ano pasado un convenio de colaboración entre as dúas entidades para esta obra, que ten un orzamento de 317.605 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 300.000 euros e o Concello a parte restante. Esta iniciativa recupera o trazado das vagonetas que transportaban o mineral.

A intención do equipo de Goberno e que as obras podan dar comezo no mes de maio.

Por outra banda, tamén foron adxudicadas as obras de mellora da rede viaria en Candaedos e Souto de Mogos, traballos que corresponderán á empresa Isidro Novo e que teñen un orzamento de 135.233,74 euros e un prazo de execución de tres meses.

Tamén no relativo a estradas, estanse a limpar varias pistas en Rececende.

Finalmente, o Concello rematará este mes a construción dun depósito de auga en Goios, destinado á loita contra incendios.

Como explica o alcalde Darío Campos, trátase dunha obra moi demandada polos veciños.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18328094482422