Adxudicadas todas as novillas na primeira puxa de Acruga no Valadouro

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Feb 2019

A Asociación de Criadores de Raza Loura Galega, Acruga, pechou con éxito de vendas a primeira puxa que este colectivo organiza no municipio de Ferreira do Valadouro e tamén na comarca dá Mariña e que tivo lugar durante a celebración da Feira de Razas Autóctonas da localidade.
O presidente de Acruga, César Dourado, mostrouse satisfeito co balance desta poxa e sinalou que "esperamos que teña continuidade e que se celebren máis edicións como esta. Desde Acruga sempre responderemos ás soliucitudes dos alcaldes e os ganaderos para realizar poxas, xa que é unha forma de promocionar nosa raza e de implicarnos na súa expansión".
A puxa comezou pasadas a unha do mediodía, coa participación de 11 gandeiros que retiraron tarxeta, procedentes de diversos municipios da provincia lucense e tamén de Ferrol. Finalmente, as cinco novillas preñadas do centro de recría da Granja Gayoso Castro, da Diputación de Lugo, foron adxudicadas por un prezo medio de 1.900 euros a gandeiros con explotacións en Trabada, Meira e Castroverde.
O Goberno da Deputación colabora con ACRUGA cunha achega de 380.000 euros, dos cales 180.000 destínanse á recría e celebración de poxas de gando vacún de raza rubia galega, como a deste sábado; e os outros 200 para un programa de seguemento do crecemento de 10.000 toros, co que seleccionar e mellorar a xenética da raza.

0.16375303268433