Adif inviste 2,1 millóns en dúas obras para mellorar a liña Ferrol-Pravia ao seu paso pola provincia

Foz
AMariñaXa
Segundo informou a entidade pública, o primeiro contrato, cun importe de 1,28 millóns de euros, ten como obxectivo o tratamento do noiro da plataforma ferroviaria na zona da praia de Area Longa, no concello de Foz
apeadoiro-Nois-Feve-Foz
24 Oct 2025

Adif vén de adxudicar dous contratos de obras de mellora da infraestrutura ferroviaria na liña de ancho métrico Ferrol-Pravia, ao seu paso pola provincia de Lugo, cun investimento global de 2,1 millóns de euros.

Segundo informou a entidade pública, o primeiro contrato, cun importe de 1,28 millóns de euros, ten como obxectivo o tratamento do noiro da plataforma ferroviaria na zona da praia de Area Longa, no concello de Foz.

O segundo contrato, adxudicado por 819.820,87 euros, centrará as actuacións na estabilización de noiros nas trincheiras situadas entre os apeadeiros de Viveiro e Xove, concretamente entre os puntos quilométricos 87/050 e 87/205, e 95/640 e 95/900 da liña Ferrol-Pravia.

En termos xerais, estes traballos buscan reparar, asegurar e dotar de protección permanente as zonas da vía que discorren en noiro e que poden presentar riscos derivados das choivas ou doutros fenómenos meteorolóxicos adversos.

Con estas actuacións, Adif pretende mellorar a seguridade e fiabilidade da infraestrutura ferroviaria nesta liña que conecta a Mariña lucense co occidente asturiano.

⚙ Configurar cookies
0.16098093986511