ADEGA organiza unha ruta por Barreiros este domingo

A delegación de Lugo de ADEGA organiza este domingo, 16 de marzo, unha ruta polo concello de Barreiros no que os participantes poderán coñecer a mina romana da Cova e a fraga de Santo Estevo do Ermo. O percorrido, de dificultade media-baixa, terá unha lonxitude total de 8 quilómetros e combinará un tramo pola ría de Foz e outro a través da fraga.
O punto de encontro será o local de ADEGA en Lugo ás 9:00 horas para coordinar os vehículos ata Viladaíde, onde ás 10:30 horas comezará a camiñata. A ruta permitirá descubrir vestixios da antiga explotación aurífera romana e atravesará a lagoa de Pallares antes de regresar aos coches. A continuación, os asistentes trasladaranse ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, onde xantarán antes de iniciar un percorrido máis curto pero intenso polos seus enclaves máis representativos, incluíndo a Fonte de Santa Rosa, onde se poderá seguir o rito tradicional de deixar un anaco de tea ou pano de fibras naturais. O regreso farase pasando pola fervenza do Revertedoiro.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do venres ás 13:00 horas a través do formulario de reserva. As prazas cubriranse por orde de inscrición cun prezo de 6 euros