Adega abre esta fin de semana o programa de roteiros por toda a provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este domingo Adega Lugo dá comezo ao seu programa de roteiros do curso 2021/22 As nosas Sagradas Montañas cunha visita ao Courel.
roteiro_insuas_rabade2
21 Oct 2021

Este domingo Adega Lugo dá comezo ao programa de roteiros do curso 2021/22 As nosas Sagradas Montañas.

Estes roteiros son andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista Adega desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.

O primeiro roteiro, como xa é tradición, será ao Courel o vindeiro domingo 24. O autobús sairá ás 9h dende a Facultade de Formación do Profesorado (antiga Escola de Maxisteiro) e parará no Alto do Couto.

O percorrido será polo Chan da Rogueira, a Campada Luenza, e subirán ata o cumio de Formigueiros.

A distancia total é de dez quilómetros, sen contar as visitas opcionais ao Pico Polín e/ou a Lagoa da Lucenza, que de facerse as dúas serían en total 14 km. Percorrido de dificultade media.

Para participar no roteiro é necesario inscribirse antes do venres 22 de outubro a través de https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/ . Toda a información na bitácora dos roteiros https://roteirosadegalugo.wordpress.com/ e www.adega.gal ou chamando ao 982240299.

O PROGRAMA SEGUNDO ADEGA

A Terra sería totalmente diferente se non houbese montañas, non seria habitábel. As montañas son sagradas porque elas condicionan o clima da Terra, cortan os ventos e provocan a precipitación das chuvias, nelas están as nacentes dos rios que iran regar a terra enteira. O manto das turbeiras garda a reserva de auga do inverno para que poda ser deitada ao val no estío, no Xistral agora ultraxada pola destrución provocada polos parques eólicos que alteraran o ciclo hidrolóxico de xeito irreversíbel.

Nas montañas gárdanse as pegadas mais antigas e senlleiras da historia da humanidade: campos de mámoas, castros defensivos controlando os camiños, petróglifos que fornecen o substrato das lendas que conforman a nosa mais autentica mitoloxía.

As montañas son lugares sagrados porque nos achegan ao ceo e nos permiten imitar a deuses e deusas deixándonos ter vista ao lonxe, e deixa-me ir ao alto que do alto vexo ben...Alí aínda viven as mouras, meigas e fadas que gardan as terras coa súa maxia ancestral.

As nosas montañas hoxe son menosprezadas e son obxectivo de megaparques eólicos, que fragmentan hábitats e esquilman os recursos, deixando de lado ás poboacións locais. Por iso tocaremos a rebato durante 9 saídas nas que visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo destes lugares.

roteiros adega 2021

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1726930141449