Adamo levou a fibra óptica a 65.000 vivendas da provincia en tres anos
Adamo instalou a súa rede de fibra óptica en 65.000 domicilios da provincia de Lugo ao longo do últimos catro anos, entre 2018 e 2021. En concreto, por citar algúns exemplos, o operador de telecomunicacións ten a súa infraestrutura despregada na Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro ou Foz, entre outros concellos.
En total, a compañía levou Internet de alta velocidade a 856 localidades de 24 concellos lucenses no citado período. Para sufragar tan enormes traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros na provincia de Lugo, así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización.
Nese sentido, cabe destacar que, aínda que a empresa recibiu subvencións para a expansión da fibra óptica, os investimentos propios de Adamo na rexión superan os importes desas axudas públicas. “Cableamos concellos enteiros para instalar fibra óptica en toda a zona, non considerando unicamente entidades singulares subvencionadas. Como é lóxico, seguimos as directrices marcadas nas resolucións administrativas, pero non quedamos neses límites: despregamos alí onde haxa demanda e sexa tecnicamente viable facelo. Lugo figura como unha prioridade no noso plan de expansión, seguiremos apostando forte pola provincia”, resume Martin Czermin, CEO de Adamo.
A finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas
Aínda que o desenvolvemento logrado ata o momento é dunha magnitude considerable, aínda hai máis, xa que Adamo proporcionará Internet de alta velocidade a outros 14.000 fogares da provincia ao longo deste ano para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios conectados antes de que conclúa 2022.
"É preciso subliñar que non se trata de calquera conexión, senón que Adamo fornece a fibra óptica máis rápida que se atopa hoxe dispoñible. Estamos particularmente orgullosos dos nosos 1.000 Mb, fomos os primeiros en poñer esta velocidade no mercado. Na actualidade, permite satisfacer a brutal demanda que existe de contar cunha conexión a Internet de calidade nuns tempos marcados polo coronavirus”, conclúe Martin Czermin.
SOBRE ADAMO
Adamo, con sede en Barcelona, é un operador de vocación nacional cun enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía dá prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas cunha alta densidade de poboación, proporcionando a fibra óptica máis rápida dispoñible hoxe no mercado (1.000 Mb). O seu actual plan de expansión foi potenciado o pasado mes de xullo con 600 millóns de euros.
Así mesmo, Adamo é un dos principais adxudicatarios do Programa de Banda Ancha a Nova Xeración (PEBA- NGA 2020-2022), financiado polo Estado e a UE, tanto na convocatoria de 2020 como na de 2021, así como no Programa ÚNICO-Banda Ancha, recibindo en total 107 millóns en subvencións para levar Internet de alta velocidade a máis de 630.000 fogares situados en zonas rurais de 20 provincias. Grazas a contar con infraestrutura propia, ademais da internet, Adamo proporciona aos clientes telefonía fixa e móbil, así como servizos para o mercado empresarial e almacenista.