Adamo expandiuse por máis da metade dos concellos de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Máis da metade dos concellos de Lugo recibiron fibra óptica ao longo do últimos catro anos e medio. En concreto, 35 dos 67 municipios.
david llano isabel e tome
28 Xul 2022

Máis da metade dos concellos de Lugo recibiron fibra óptica ao longo do últimos catro anos e medio. En concreto, 35 dos 67 municipios da provincia pasaron a gozar desta tecnoloxía da man de Adamo entre 2018 e mediados de 2022. Por citar algúns exemplos, o operador de telecomunicacións ten a súa infraestrutura funcionando en Pol, Castro de Rei, A Pastoriza, A Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro ou Foz, entre outros.

En total, a compañía levou o sinal da internet máis veloz que existe hoxe no mercado (1.000 Mb) a máis de 70.000 vivendas deses 35 concellos lucenses no citado período. Para sufragar tan enormes traballos, Adamo investiu 20 millóns de euros na provincia (fronte aos 5,8 millóns que recibiu en subvencións para expandir a fibra), así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización.

Co presidente da Deputación e a subdelegada do Goberno

Sobre estes datos trataron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, e David Llano, responsable de Adamo en Galicia, quen lles deu detalles sobre o novo equipamento e das operacións previstas para o terceiro e o cuarto trimestre. Por exemplo, o comezo das obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 7 concellos lucenses: Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto.

A finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas

Aínda que o desenvolvemento logrado ata o momento é dunha magnitude considerable, aínda hai máis, xa que Adamo proporcionará Internet de alta velocidade a outros 10.000 fogares da provincia de Lugo para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios conectados antes de que conclúa 2022.

0.17454981803894