Adamo e Acisa asinaron un covenio de colaboración

AMariñaXa
Adamo e Acisa asinaron un covenio con condiciones ventaxosas para os asociados. Aquelas empresas que contraten fibra pagarán un 50% menos
Foto convenio Acisa y Adamo
11 Jun 2021

Acisa vén de asinar un convenio de colaboración con Adamo con condicións vantaxosas para os asociados e asociadas. Ao acto asistiron o presidente do colectivo empresarial ribadense, Francisco Iriarte, e o responsable de zona da empresa de telecomunicacións, Alejo Andrade.

Desde Acisa o seu presidente, Francisco Iriarte, destaca “a gran promoción realizada de Ribadeo por parte de Adamo coa campaña do pobo máis amado de España. Por iso é polo que cando nos propuxeron asinar o convenio, pensamos que tiñamos que estar á altura. Adamo conta con implantación na zona e segue en expansión, por iso consideramos que aos nosos socios e socias poderíalles interesar todo o que a empresa lles pode ofertar”. Aquelas empresas que contraten fibra con Adamo Business pagarán un 50% menso durante os tres primeiros meses e terán un desconto especial na segunda fibra. Todas as firmas asociadas a Acisa recibiron, como é habitual, a comunicación informativa correspondente sobre este novo convenio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17212200164795