Adamo chegou xa ao 80 % dos concellos da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
As últimas intervencións foron en Becerreá, Guntín, O Corgo, O Páramo, Portomarín, Friol, A Pontenova ou Carballedo
internet-telefonia-adamo-rural
26 Nov 2024

Máis de 107.000 fogares lucenses recibiron fibra óptica desde o ano 2017, sobre todo en zonas rurais, peor comunicadas e con maiores necesidades de conectividade. Mesmo, en numerosos casos, trátase de familias afectadas polo temido fenómeno do despoboamento. Adamo, operador especializado en levar Internet ultrarrápido a pobos e aldeas, encargouse do despregamento durante os sete anos de actuacións que acumula na provincia.

Ao longo dese período, ata 51 concellos dos 67 -preto do 80% dos que existen en Lugo- estrearon fibra óptica ou viron ampliada unha rede preexistente. Cabe mencionar, por exemplo, os últimos despregamentos realizados en Becerreá, Guntín, O Corgo, O Páramo, Portomarín, Friol, A Pontenova ou Carballedo, entre outros.

Adamo, ademais de levar a cabo os despregamentos en áreas remotas, proporciona Internet e telefonía a prezos dificilmente igualables para complementalos. Estes permiten impulsar a conectividade tamén nos recunchos máis remotos, ofrecendo unha nova opción acorde coa realidade financeira de numerosas familias lucenses. Así, o operador ofrece dous paquetes básicos en función da capacidade tanto da conexión para o fogar como no móbil. Ambos con prezos definitivos.

Adamo tamén dispón dunha proposta de conectividade fibra e móbil para os profesionais e as empresas cun prezo ultracompetitivo e para sempre.

0.16755104064941